venres, 2 de xuño de 2017

Lara trae a mochila viaxeira

Hoxe Lara chegaba ó cole cargadiña coa mochila viaxeira e con ganas de ensinarnos o traballo que fixera coa súa familia.
Despois de contarnos que leu todos os contos, que escoitou os Cds de música e veu o DVD mostrounos o debuxo que fixera, e é que como a case todos os nenos o conto que mais lle gustou foi o de Cocorico.
Grazas a Lara e a súa familia polo traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario