venres, 30 de xuño de 2017


Finalizou o mes de xuño e con el chegaron as vacacións de verán para que en setembro poidamos dar comezo ó novo curso e xa como nenos e nenas de 5º de EI.
En setembro estabamos todos moi asustados cara o descoñecido xa que nos adentrabamos nunha experiencia nova tanto para min como profe, que era o meu primeiro ano no colexio, como para os nenos e as familias pero ó longo do curso fómosnos coñecendo chegando a formar un gran equipo.
Agora temos dous mesiños por diante para gozar da familia, do bo tempo e para cargar as pilas, dous mesiños nos que me acordarei moito de vos e vos botarei de menos.
Dende aquí tamén quero darvos as grazas a vos, as familias, pola vosa colaboración en todo aquelo que vos solicitamos e grazas por deixar nas nosas mais os vosos bens mais preciados.
Deséxovos a todos unhas moi boas vacacións e vémosnos en setembro cas forzas renovadas.

venres, 23 de xuño de 2017

As olimpiadas

Parece mentira que fai 9 meses entramos por primeira vez no cole da Pastora, ¡que rápido pasa o tempo é que curtiño se nos fixo o curso!
Hoxe fixemos unha festa no cole coas familias para despedir este curso escolar antes de irnos de vacación, as Olimpiadas da EEI a Pastora. Foi un dia estupendo no cole, e non solo polas actividades tan divertidas que fixemos como a busca do tesouro no monte da pastora, o obradoiro de maquillaxe, o xogo do tragabolas, o circuíto, o limbo, os sacos, os globos de auga... senón que o mais importante do dia foi poder gozar ca nosa familia do noso cole.
Pasámolo xenial e fomos todos uns campións, por iso o finalizar os xogos recibimos unhas medallas e logo fixemos unha merendola no patio.
Grazas a todos por participar e por compartir con nos este dia tan divertido.































mércores, 21 de xuño de 2017

Festa de fin de curso


Hoxe aproveitamos o último dia de cole, xa que mañá é a graduación dos nenos de 5 anos e venres temos as olimpíadas, para facer unha pequena festiña xunto cos nenos da profe Silvia.
Despois do recreo xuntámosnos todos na nosa aula e alí comemos patacas fritidas, gusanitos, palmeiras de chocolate, chuches, conguitos... e despois bailamos un montón de cancións e incluso fixemos un tren polo cole. 
Pasámolo pipa, e é que tiñamos moito que celebrar xa que se remata o noso primeiro ano no colexio da Pastora e para o curso que ven xa seremos os medianos do cole.













martes, 20 de xuño de 2017

Visítanos Modesta

Hoxe recibimos no cole a visita de Modesta, a profe da escola de música de Cambados. Modesta estivo un ratiño con nós ensinándonos canción, rimas e o mais importante, ensinounos a facer silencio.

Modesta tamén nos dixo que se nos queremos apuntar as súas clases temos que ir o mais rápido posible, xa que mañá remata o plazo, a anotarmos na súa escola.
Grazas por vir Modesta, pasámolo moi ben.

 

sábado, 17 de xuño de 2017

A ANPA levanos de esxcursión a Apípolis

Algúns nenos de 3 e 4 anos fomos de excursión coa ANPA a Apípolis. Aquí vos deixamos algunhas fotografías dese dia facilitadas polos membros da ANPA.