venres, 23 de xuño de 2017

As olimpiadas

Parece mentira que fai 9 meses entramos por primeira vez no cole da Pastora, ¡que rápido pasa o tempo é que curtiño se nos fixo o curso!
Hoxe fixemos unha festa no cole coas familias para despedir este curso escolar antes de irnos de vacación, as Olimpiadas da EEI a Pastora. Foi un dia estupendo no cole, e non solo polas actividades tan divertidas que fixemos como a busca do tesouro no monte da pastora, o obradoiro de maquillaxe, o xogo do tragabolas, o circuíto, o limbo, os sacos, os globos de auga... senón que o mais importante do dia foi poder gozar ca nosa familia do noso cole.
Pasámolo xenial e fomos todos uns campións, por iso o finalizar os xogos recibimos unhas medallas e logo fixemos unha merendola no patio.
Grazas a todos por participar e por compartir con nos este dia tan divertido.































Ningún comentario:

Publicar un comentario