mércores, 21 de xuño de 2017

Festa de fin de curso


Hoxe aproveitamos o último dia de cole, xa que mañá é a graduación dos nenos de 5 anos e venres temos as olimpíadas, para facer unha pequena festiña xunto cos nenos da profe Silvia.
Despois do recreo xuntámosnos todos na nosa aula e alí comemos patacas fritidas, gusanitos, palmeiras de chocolate, chuches, conguitos... e despois bailamos un montón de cancións e incluso fixemos un tren polo cole. 
Pasámolo pipa, e é que tiñamos moito que celebrar xa que se remata o noso primeiro ano no colexio da Pastora e para o curso que ven xa seremos os medianos do cole.













Ningún comentario:

Publicar un comentario