mércores, 7 de xuño de 2017

Convivencia con Castrelo

 Hoxe foi un dia especial no cole e é que foi o dia da convivencia cos nenos de infantil do cole de Castrelo.

¡Foi unha mañá estupenda!

Os talleres polos que pasamos ó longo do día foron: tragabolas, contacontos, aros, escondite inglés, circuíto e musica e movemento. Neste ultimo taller aprendemos unha canción cun baile que logo fixemos todos os nenos xuntos no patio cuberto a modo de despedida. Ademais tivemos unha merendola con gusanitos, patacas fritas, biscoito...

!Que ben o pasamos¡

Para o ano mais e mellor.

Aquí vos deixamos a canción que bailamos.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario