Finalizou o mes de xuño e con el chegaron as vacacións de verán para que en setembro poidamos dar comezo ó novo curso e xa como nenos e nenas de 5º de EI.
En setembro estabamos todos moi asustados cara o descoñecido xa que nos adentrabamos nunha experiencia nova tanto para min como profe, que era o meu primeiro ano no colexio, como para os nenos e as familias pero ó longo do curso fómosnos coñecendo chegando a formar un gran equipo.
Agora temos dous mesiños por diante para gozar da familia, do bo tempo e para cargar as pilas, dous mesiños nos que me acordarei moito de vos e vos botarei de menos.
Dende aquí tamén quero darvos as grazas a vos, as familias, pola vosa colaboración en todo aquelo que vos solicitamos e grazas por deixar nas nosas mais os vosos bens mais preciados.
Deséxovos a todos unhas moi boas vacacións e vémosnos en setembro cas forzas renovadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario