xoves, 8 de xuño de 2017

Relaxámosnos

 Coa chegada do fin de curso e o bo tempo que estamos tendo parece que os nenos están algo mais nerviosos do normal, por isto algúns días aproveitamos algún ratiño para facer actividades de relaxación.

Hoxe tocou poñer musica relaxante e facerlle unha masaxe ó noso compañeiro de mesa, primeiro relaxámosnos uns mentres os compañeiros nos daban unha masaxe e logo intercambiamos os papeis.
Esta é unha actividade que nos encanta e moi efectiva. Seguiremos repetíndoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario