Ás portas da ponte tocounos traballar un pouquiño hoxe.
Estivemos facendo unhas fichas moi chulas nas que tiñamos que unir o nome dos nosos compañeiros coa súa fotografía e logo escribir cada un dos seus nomes. Déusenos moi ben este traballo.
Por outro lado tocou día de decoración de Nadal e estivemos pegando debuxos pola aula.
Ademais pintamos uns debuxos moi chulos que trouxeron Leo e Lía sobre o universo e colocámolos no corredor.
Por ultimo estivemos revisando todo o que trouxeron estes últimos dias algúns nenos sobre o universo.
Moitas gracias as familias pola vosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario