venres, 1 de decembro de 2017

Hoxe a encargada do dia foi Lara. 
Como comezamos o mes de Decembro tocou facer reconto do tempo que tivemos no mes de novembro e así nos quedou.


Por outro lado comeza a conta atrás de cara o Nadal e por iso estreamos un calendario de advento no que cada dia trae un chocolatina. Hoxe foi Lara a que comezou a conta atrás.


Continuamos co proxecto sobre o universo e hoxe tocaba fotografiar as cousas que nos trouxo Hugo esta semana.
  • Unha revista que contaba cun comic sobre os LEGOs astronautas.




  •  Un LEGO astronauta e un robot.



Aquí podemos ver todo o que foi aportando Hugo ó noso recanto do proxecto.


Ademais Leo e Lía trouxeron un montón de debuxos sobre o universo: planetas, lúas, estrelas, etc. Logo entre todos decorámolos e expuxémolos no corredor do colexio.





Tampouco nos esquecemos da noticia que nos traia hoxe a maña Hugo e é que onte a noite volveu a caerlle un dente, ¡xa van dous!. E tamén trouxo ó cole os regalos que lle deixou o Rato Pérez a cambio dos dentes.




Ningún comentario:

Publicar un comentario