Hoxe a encargada do dia foi Paula. Cada dia van quedando menos chocolatinas para comer, xa non queda nada para o Nadal.
Por outro lado chegaron hoxe as ultimas boliñas de Nadal para decorar o cole e como non moi chulas tamén.
Gracias a todos.
Como todos os mércores tocounos ir a biblioteca para intercambiar os contos que levamos para a casa e como xa vos contei o mércores pasado tocoulle a Manuel levar a mochila viaxeira. Hoxe veu de volta ó cole e cas primeiras follas do caderno de bitácora completadas.
Manuel contounos que lle gustara moito todo o contido da mochila, sobre todo os contos.
Grazas por participar nas iniciativas do cole.
Ademais outra das cousas que facemos o mércores e ir ó composteiro e hoxe tocoulle ser o encargado do composteiro a Hugo. Tivemos que correr un pouco e poñer as capuchas xa que parecía que ía comezar a chover.
Ningún comentario:
Publicar un comentario