luns, 18 de decembro de 2017

O encargado do dia foi hoxe Tomas e nas rutinas do calendario puidemos ver que comeza a conta atrás para as vacacións de Nadal, ¡só quedan 3 dias de colexio!.



Por outro lado tocounos rematar as postais de Nadal que estamos preparando para levar o xoves para a casa pero non vos imos a amosar fotografías xa que é unha sorpresa.

Logo o que fixemos foi visualizar uns vídeos moi chulos que nos trouxeron Angela, Paula, Hugo, Luís, Leo, Lia e Lara cos seus desexos para o Nadal. Quedáronvos uns vídeos preciosos, encantáronnos, e que caras de alegría e emoción tiñan os pequenos cando visualizabamos o seu vídeo. Moitas gracias pola colaboración e o bo traballo de todos. Seguro que queda un resultado espectacular.














Ó remate do dia comezamos a ler un libriño que nos trouxo Ángela sobre o universo que se titula "El universo". Só nos dou tempo a comezalo. A primeira folla falaba dos movementos da Terra a a sucesión da noite e dos dias. Para que os nenos puidesen entendelo mellor representamos ese movemento. Ca terra da maqueta de Paula e ca lanterna que nos trouxera Hugo puidemos simular a luz do sol e o movemento da Terra e comprobar así que na cara que está cara o sol é de dia e na oposta é de noite. Parece que todos o entenderon moi ben.
Gracias polo libro familia Fresco Falcón, imos a aprender un montón de cousas.

1 comentario:

  1. Qué chulos os vídeos dos nenos e das nenas da aula rosa!!
    Un bico de parte da profe Silvia :)

    ResponderEliminar