luns, 11 de decembro de 2017

Hoxe a encargada do dia foi Amy. E como podedes ver continuamos co noso calendario de advento que agora mesmo e o que mais lles gusta ós nenos de ser encargados, poder abrir a portiña do dia e comer a chocolatina correspondente. 
¡Que ricas están!




Despois estivemos vendo os vosos traballos da fin de semana, decorar unha bola de Nadal para adornar o cole. Fixestes un traballo estupendo, as bolas son super bonitas e ós nenos encantoulles contar quen xes axudara, que materiais empregastes, etc. 
Gracias pola vosa colaboración.












Por outro lado Hugo volveu a traernos cousas sobre o universo. Desta vez tratase de un telescopio para poder ver as estrelas, dous debuxos feitos por el mesmo do sistema solar e un conto moi chulo que se chama "Tu alien" que xa limos e que nos gustou moito a todos.










Moitas gracias familia Cordal Amarelle.



Ningún comentario:

Publicar un comentario