xoves, 14 de decembro de 2017


O encargado do dia hoxe foi Hugo. Contamos os dias que quedan para a chegada do Nadal e ... ¡xa só quedan 10 días para a chegada de Papá Noel!

 Con toda esta alegria hoxe tivemos unha das tarefas mais emocionantes do ano, escribir a carta ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. 
O primeiro que fixemos foi cerrar os ollos e pensar como máximos en 3 cousas que lle quixeramos pedir ós reis magos e logo comezamos a traballar.
As nosas cartas quedaron estupendas, necesitamos algo de axuda pero pouco a pouco imos progresando no proceso da escritura.



















 Agora só queda agardar a chegada dos reis para poder entregarlle as cartas ¡que nervios!.

Por outro lado continúan chegando cousas sobre o universo.

Hoxe Leo e Lía trouxeron unha maqueta do sistema solar co sol e todos os planetas que o compoñen, ¡menudo traballo! Quedouvos moi chulo.
E ademais trouxeron un mural no que nos explicaban as características mais importantes de cada un dos planetas, ¡moi interesante!






 Moitas gracias familia García Baúlde polas vosas aportacións.


Por outro lado Hugo tróuxonos unha lanterna moi especial. Para poder empregala o que fixemos foi baixar as persianas da aula e apagar as luces e logo o acender a lanterna...¡sorpresa!  Puidemos ver estrelas, naves espaciais e ata un astronauta no teito da nosa aula ¡que chulada!





Moitas gracias familia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario