venres, 15 de decembro de 2017

Chegou un dos dias mais importantes do ano, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitaron ó cole da Pastora.
Os nenos da aula rosa estabamos moi emocionados pero tamén moi nerviosos como case todos declararon.

O primeiro que fixemos como sempre foi a asemblea e as tarefas do encargado que hoxe foi Joel.



Despois saímos coas nosas cadeira ó patio a agardar a chegada dos Reis.


Cando os Reis chegaron, acompañados polos paxes do equipo de baloncesto do noso Concello, o Xuve,  fomos subindo de un en un para contarlle o que lle pedimos na carta, eles como saben que nos portamos moi ben trouxéronos un pequeno agasallo. Logo fomos metendo as cartas no buzón real.







































Ademais os Reis Magos trouxéronnos un castelo moi chulo para o patio do colexio.







Moitas grazas Melchor, Gaspar e Baltasar.


Por outro lado continúan chegando cousas sobre o proxecto.

Hoxe Hugo trouxo unha Lúa que fixo ca axuda do seu papa Iván e colocaron nela a Neil Armstong e unha bandeira de Estados Unidos, isto xa foi traballo da súa mamá Lorena. Hugo explicounos que este astronauta foi o primeiro home en pisar a Lúa e que puxo alí a bandeira do seu país, aínda que agora a bandeira caeu e xa non está na Lúa.


Moitísimas gracias pola vosa participación.

Á volta das vacacións continuaremos traballando moitas mais cousas sobre o universo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario