mércores, 13 de setembro de 2017

Comezamos de novo o día nomeando encargado e facendo as tarefas correspondentes, hoxe foi o tuno de Paula.

Ademais Hugo e Ángela traían uns recordos das súas vacacións para ensinarlle ós seus compañeiros.
Hugo trouxo unha foto co seu papa Iván nun parque acuático que visitaron durante as súas vacacións.
Angela, por outra parte, trouxo un dosier, que preparou xunto cos seus papas, con varias fotos que resumían as súas vacacións e que lle ensinou entusiasmada ós seus compañeiros.



Ademais tivemos a primeira clase de PELO (programa de estimulación da linguaxe oral) e coñecemos a nova profe de AL (Audición e Linguaxe) que se chama Silvia,
Tamén temos percheiros novos polo que tivemos que buscar os nosos nomes para colocar na que será a nosa percha ó longo do curso e o mesmo fixemos coas cadeiras. Todos recoñecemos o noso nome sen ningún tipo de problema.
Grazas ó bo tempo que está facendo estaos dias podemos gozar un montón no patio 




Hoxe tamén levamos para a casa unhas notas informativas:
  • O calendario de merendas (que continua igual que o ano pasado)
  • O listado de material que precisamos este curso escolar
  • Os días de psicomotricidade





Ningún comentario:

Publicar un comentario