luns, 11 de setembro de 2017

Xa estamos de volta

Entre nervios, emoción e alegría chegaban hoxe os nenos á escola, e é que despois de tanto tempo de vacacións volver a ver a todos os compañeiros e profes e un acontecemento moi importante para eles.
O primeiro que fixemos foi observar a aula, pois está un pouco cambiada, e logo xuntámosnos na asemblea para ver cantos nenos somos e cantos faltaban xa que este ano contamos con dúas compañeiras menos, Aldhara e Noa, que cambiaron de cole, polo que na clase quedamos 14 nenos e nenas.
Despois contamos todo o que fixemos durante as vacacións, bueno... todo non, xa que moitas cousas xa as esquecemos, e quedamos a espera de que as familias que queiran nos traian algunhas fotos das súas vacacións para que os nenos llas poidan ensinar ós seus compañeiros (ben en formato papel ou en formato dixital).
Como tiñamos moito que contar enseguida chegou o momento de saír ó patio e despois do recreo fixemos unha merendola de benvida no patio cuberto onde puidemos comer biscoito, gusaniños e patacas fritidas, por iso as nosas merendas regresaron de volta á casa. 





Despois bailamos un montón polo patio, fixemos rodas, un tren...












De regreso a aula preparamos unha bandeiriñas de "benvidos á escola" para levar para a casa.







E logo regresamos ó patio.















Como vedes foi un dia completiño no que os nenos o pasaron moi ben, esperamos que o resto do curso sexa así de divertido.
¡Benvidas ó cole familias¡



Ningún comentario:

Publicar un comentario