venres, 29 de setembro de 2017

Hoxe a encargada do dia foi Nadal, aquí podedes ver parte do seu traballo.

Logo volvemos a facer o mesmo xogo que onte, creamos a serie numérica ca alfombra dos números e logo fixemos torres de pezas para o numero que nos tocase. Logo fixemos outro xogo  que consistía en que un neno saía da aula e entre todos sacabamos un numero da serie numérica e agochabámolo e logo tiña que volver o neno que estaba fora e tiña que adiviñar o numero da serie que faltaba. Este xogo custounos un pouco pero todo e cuestión de practica, así que farémolo mais veces.









Algúns emocionáronse tanto con iso de facer torres e fixeron unhas torres mais altas ca eles, ¡enormes!.

Ademais hoxe tivemos unha sorpresa super especial, e é que a irmán de Xavi veu a visitarnos e coñecer así a todos os amiguiños do seu irmán. Lara, que así se chama, portouse moi ben e puidemos darlle algunha que outra caricia. A moitos lles gustou iso de ter un bebe tan cerca e dixeron que lle ían dicir a seus pais que lles compraran un. Gracias Yanis por traer a Lara ó cole.


Despois hoxe xogamos co Bee Bot, volvemos a colocar as letras do abecedario e cada un escollía a que letra levaba o Bee Bot, logo, unha vez chegaramos a letra elixida, tiñamos que dicir como se chamaba, cal é o seu son e unha palabra que comezase por esa letra. Seguiremos practicando mais días, pero para ser o primeiro dia fixémolo moi ben.








Ningún comentario:

Publicar un comentario