Hoxe a encargada do día foi Lara que fixo un traballo estupendo.
Logo repasamos conceptos espaciais: diante- detrás; dentro- fora; preto- lonxe; encima- debaixo; etc. e fixemos un traballiño sobre iso.
Logo xogamos ca alfombra de números que nos trouxeron o curso pasado os reis magos. O primeiro que tivemos que facer foi colocar os números de forma ordenada para crear a serie numérica e logo fixemos torres de pezas que simbolizaban cada un dos números, asociando así numero- cantidade e simbolizando maior- menor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario