luns, 18 de setembro de 2017

Hoxe tocoulle ser encargado a Tomás e como podedes ver seguimos traballando o nome, vemos as letras que ten, como se chaman, como sonan, contamos as letras e as sílabas,  e o esquema corporal, nomeamos as partes do corpo, as articulacións, os detalles, etc.
Despois das rutinas de todos os dias hoxe tocou traballar un pouco e tivemos que unir o numero coa cantidade que indica.


Non todo ía ser traballar e é que hoxe Leo e Lia trouxéronos un pen con fotografías sobre o que fixeron nas súas vacacións, como son moitas hoxe vimos unha parte de esas fotografías e pasámolo pipa vendo algúns dos seus vídeos.









Ningún comentario:

Publicar un comentario