Hoxe volvemos ó cole moi contentos e empezamos nomeando encargado. O encargado do día foi Manuel.
Como agora xa somos os medianos do cole as nosas tarefas como encargados tamén se van complicando: escribimos o noso nome, contamos as letras e sílabas que ten, escribimos o nome dos nenos que faltan, miramos que nome ten mais letras e indicamos cal é maior e cal é menor, e debuxámosnos coa axuda dos nosos compañeiros, que nos van indicando que nos falta por debuxar.
Ademais hoxe tivemos a primeira clase de relixión ou alternativa e de inglés.
Foi un día completiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario