Hoxe a tarefa de encargado do dia exerceuna Joel
Despois de realizar as rutinas fixemos a dinámica da pelota. Nun primeiro momento dixemos o noso nome e a nosa comida favorita, e pasabamos a pelota a outro compañeiro, e logo na seguinte ronda dixemos o noso nome e que era o que mais nos gustaba facer no noso tempo libre. Despois de facer as dúas rondas intentamos recordar as repostas de cada un de nos e a verdade e que estivemos moi atentos xa que recordabamos case a comida favorita de todos e o que lles gustaba facer cando non estaban no cole. Como nos estaba gustando moito o xogo fixemos unha terceira ronda na que tiñamos que dicir quen era a nosa persoa favorita ou a quen queriamos mais e outra vez o fixemos super ben.Logo volvemos a traballar por recantos.
- Recanto de lóxico matemática
- Recanto de lecto-escritura
- Recanto de plástica
- Recanto de xogo simbólico
- Recanto das construcións
Despois de merendar, dado que nos portamos moi ben ó longo da semana, o Bee Bot veu a visitarnos a aula para repasar todas as letras do abecedario. A nos encántanos xogar co Bee Bot e se ademais aprendemos xogando pois fenomenal. Un por un fomos escollendo unha letra do abecedario e diriximos o Bee Bot para que fose ata esa letra, polo camiño iamos dicindo o nome das letras polas que ía pasando.
Así de completiña foi a nosa semana, que teñades bo fin de semana e vémosnos de novo o luns.
Lembrade que os Luns e día de psicomotricidade e temos que traer chándal e zapatillas de deporte.
Un saúdo, Sonia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario