O papel de encargada do día foi hoxe para Lía. Despois da rutinas diarias escribiu o seu nome no encerado, contamos as letras que tiña e as sílabas e sinalamos que o 3 e maior que o 2. Posteriormente fixo un debuxo de ela sinalando as partes e detalles do seu corpo.
Despois de todo iso fixemos un repaso dos numero que sabemos e entre todos chegamos contando ata o numero 30. ¡Que de números coñecemos!
Logo tocou repasar as vocais, tanto o trazo como os seus sons.
Ningún comentario:
Publicar un comentario