xoves, 30 de novembro de 2017


O encargado do dia foi hoxe Xavi.

Nada mais entrar na clase Hugo tiña algo moi importante que contarnos e é que onte pola noite lle caeu un dente e o Rato Pérez pasou pola súa casa a recollelo. Aquí nos mostra o dente que lle falta.


Como ben sabedes no conto de "¿A que sabe a Lúa?" os animais poñíanse uns enriba dos outros para poder chegar a Lúa, por iso hoxe a nos tocounos medirnos para poder saber que tan alto podiamos chegar. Logo na ficha escribimos o noso nome e puxemos os centímetros que medimos e cada un de nos escribiu a que nos sabe a nos a Lúa.







Á  hora de medirnos tivemos algun empate así Leo e Xavi miden o mesmo e Nadal e Paula tamén.



Logo colocámosnos por orden ascendente.


 Por outro lado aquí vos deixamos unha foto de grupo diante do mural que elaboramos fai uns dias sobre os dereitos dos nenos que aínda non tiveramos tempo de fotografiar.

mércores, 29 de novembro de 2017

Aquí temos a foto do encargado de onte, Leo, e a encargada de hoxe, Lia.


Hoxe tiñamos unha visita moi especial no cole e é que viña Pepe Cácamo a coñecernos. Unha vez no cole el contounos varias historias dos seus fillos, como a de cando o seu fillo Antón caeu dentro dun espello, ou de cando os reis lle trouxeran un tambor, e as pequenas rimas que el escribira sobre eses acontecementos. Tamén improvisou algunha rima para os nenos da Pastora. Rimos un montón con el e pasámolo xenial. Ademais en primicia leunos parte do seu novo libro que sae a luz este domingo en "Culturgal" Pontevedra.





Por último como todos os mércores tocábanos dia de composteiro e hoxe foi Paula a encargada de levar os restos orgánicos das froitas que comemos na hora da merenda.







luns, 27 de novembro de 2017

Hoxe a encargada do dia foi Ángela.

Despois na asemblea volvemos a xogar a colocar a recta numérica por orde e en equipo e logo asociamos numero cantidade colocando unhas tarxetas con debuxos encima do numero correspondente.



Ó volver do recreo e antes de ir a clase de música aproveitamos para relaxarnos un pouco, algo que nos encanta e que estamos solicitando continuamente. O primeiro que facemos é poñer música relaxante e logo por parellas imos facéndonos masaxes.









venres, 24 de novembro de 2017

Hoxe o encargado do dia foi Luís.


Logo tocounos rematar a maqueta de Pepe Cácamo que comezamos onte e para iso xuntámosnos as dúas aula, a aula azul e a aula rosa. Hoxe tocounos colocar as casiñas, feitas con gomas de borrar, e ademais fixemos unha ponte con grampas, uns barquiños con pinzas e fixemos o cruceiro do "Monte da Pastora" con minas.










Por outro lado mañá, 25 de novembro, celebrase o Dia Internacional contra a Violencia de Xénero. Ó longo da semana traballamos varios libros que tratan este tema como 






e hoxe colocámosnos un laciño morado nos nosos mandilóns con motivo da celebración de este dia.