Hoxe durante a asemblea fixemos un novo xogo no que cada un de nos tiña que coller un numero da casiña que nos indicaba a profe, despois cando todos tivemos o noso número tiñamos que dicirlle ós demais compañeiros como se chamaba ese numero e busca en que casa vivía para así regresalo o seu cuartiño. Foi moi divertido e seguiremos practicando.
Logo, para ver se aínda nos lembrabamos do conto que limos onte tivemos un traballiño no que debiamos de ordenar os animais do conto "¿A que sabe a lúa?" segundo foran aparecendo na historia. A verdade e que temos moi boa memoria e entre todos fixémolo perfecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario