Hoxe o encargado do día foi Tomás.
Como ben sabedes fai uns dias fomos visitar a exposición de Pepe Cácamo na sala de Torrado e a próxima semana virá el mesmo a visitarnos ó cole, por iso aproveitamos hoxe para comezar a facer unha maqueta como as que el deseña.
Decidimos que iamos a recrear o noso contorno mais próximos por iso o primeiro que fixemos foi crear "O monte da Pastora" con papeis, cola e auga.
Logo tocou o momento de comezar a pintar e para iso mesturamos pintura, deterxente (para dar textura) e cola.
¡Estanos quedando moi chula!.
Logo hoxe Hugo mostrouno o casco de astronauta que trouxo da súa casa, ¡todos querían poñelo!.
E tamén trouxo unha lúa que se pode mover e que nos vai mostrando as distintas fases polas que pasa, ¡unha chulada!
Por outro lado Paula trouxo un mural moi chulo que elaborou coa súa familia, fixeron as órbitas, pintaron os planetas, que son pelotas de porespán e logo colocaron cada un de eles no seu sitio. ¡Menudos artistas!
Moitas gracias familias pola vosa colaboración, pouco a pouco vai medrando o noso recanto do universo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario