Hoxe a encargada do dia foi Ángela. Ademais das tarefas que faciamos sempre hoxe engadimos unha nova, a rutina do rexistro do tempo atmosférico por meses, deste xeito ó final do mes faremos unha contabilidade dos dias que choveu, que estivo nubrado e dos dias que fixo sol.
Posteriormente puidemos coñecer uns xogos novos que chegaron hoxe a aula como o monstruo dos números e o labirinto con regretas.
Gustáronlles un montón os dous e xa están desexando poder ir ó recanto dos números onde os gardaremos.
Por outro lado hoxe antes de ir para a casa en vez de ler un conto o que fixemos foi inventar un nos por medio do dado dos contos onde en cada cara podemos elixir un verbo, un sentimento, un personaxe, unha acción, etc.
Gustounos moitísimo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario