xoves, 9 de novembro de 2017

Hoxe o encargado dia dia foi Xavi.


Pola mañá Leo e Lía traían unha sorpresa para ó cole e é que na súa casa, coa axuda da súa mama fixeron uns lapiceiros super chulos para ter no cole. 
Gracias familia, enseguida lle atoparemos utilidade a isos lapiceiros.

Por outro lado durante a asemblea fixemos un xogo. A cada neno repartinlles unha brazalete cun numero e eles tiñan que ordenarse formando a serie numérica, o principio costeoulles un pouco pero colocados os dous primeiros números enseguida se ordenaron os seguintes. Despois de estar ordenados na serie numérica tiñan que dicir cada un de eles cales eran os seus veciños, é dicir, cales eran os números que podían agarrar cunha man e coa outra, por exemplo "Eu son ó numero 4 e os meus veciños son o 3 e o 5". Esta segunda tarefa xa foi moito mais doada.

Despois, para introducirnos no proxecto que traballaremos , lemos o conto de "¿A que sabe a lúa?". O conto en si encantounos pero aínda nos gustou mais lelo representado cos animais do conto e a lúa que nos deixou a profe Silvia e que fixo a mamá de Sofia. Moitas grazas.


Despois de ler o conto fixemos unha ficha onte tiñamos que ver que animais probaran a lúa, o principio dubidamos un pouco entre se a probara só o rato ou todos os animais así que volvemos a ler o conto e comprobamos que rato a compartira con todos e que o animal que faltaba na ficha era o elefante e por iso o tivemos que debuxar.



Por outro lado queremos ensinarvos ó recanto que preparou a profe Andrea no corredor de Gloria Fuertes xa que este ano celebrase o seu centenario.


Ningún comentario:

Publicar un comentario