Hoxe celebramos o magosto no cole da Pastora, non nos daba chegado ó dia.
Durante ó dia de onte estivemos elaborando uns cestiños para poder gardar as castañas e ilas comendo e hoxe cando se estaban asando saímos a ver como se facía isto de asar castañas e tamén puidemos aproximarnos ó lume e ver que sentiamos o estar próximos a el. Como estamos traballando os sentidos puidemos comprobar que pola vista viamos o lume, polo olfacto cheirabamos o fume, polo oído escoitabamos como ardía a leña, polo tacto sentimos o calor de estar preto do lume.
Só nos faltaba o gusto e por iso que unha vez que estiveron listas as castañas fomos a facer uso de este ultimo sentido. ¡Que ricas estaban as castañas asadas!.
Logo tivemos unha sorpresa por parte da ANPA e é que viñeron uns gaiteiros ó cole a tocarnos unhas cancións.
¡Que ben o pasamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario