luns, 20 de novembro de 2017

Hoxe o encargado do dia foi Hugo.

Como ben sabedes este fin de semana levastes a cabo a tarefa de completar os dereitos dos nenos. Hoxe, dia 20 de novembro e o "Dia universal dos dereitos da infancia" e por iso aproveitamos para revisar as tarefas que fixestes nas vosas casas.
¡Así de chulos quedaron!














Despois do recreo tamén tivemos un ratiño para relaxarnos e para masaxearnos uns ós outros como tanto nos gusta.





Por último, antes de marchar para a casa vimos o que algúns nenos trouxera para comezar a crear o recanto do proxecto.
Luís trouxo un sistema solar feito por el e a súa familia no que cada un dos planetas está representado por unha bola de porespan ¡Encantounos! ¡Menudos artistas! Grazas a esta maqueta podemos saber cantos planetas forman o sistema solar, coñecer os seus nomes e a súa aparencia.



Por outro lado Hugo trouxonos unha capsula de "StarWars" unha das suas pelis favoritas.



Esperamos seguir recibindo moitas mais cousas para crear un gran recanto sobre o universo.
Grazas pola vosa colaboración.



Ningún comentario:

Publicar un comentario