Hoxe a encargada do dia foi Paula.
Logo de facer as tarefas fixemos un xogo na asemblea. Primeiro os nenos tiñan que ordenar a serie numérica e logo repartimos unhas tarxetas coa representación gráfica dos números do 0 ó 10, ben con dedos, estrelas ou depresores. Cada un de nos debía de colocar a tarxeta encima do numero correspondente. Logo fomos comprobando se todas as tarxetas estaban ben colocadas e en total contabilizamos 4 erros que logo tivemos que corrixir.
¡Que ben se nos da este xogo!.
Despois tivemos que acabar o mural dos dereitos do neno e para iso estampamos as nosas mans nel.
¡Que bonito quedou!
Por ultimo, e non menos importante, fixemos un debuxo previo sobre o universo con ceras brandas sobre cartolina negra e quedaron espectaculares.
¡Menudos artistas estamos feitos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario