Como todos os mércores, hoxe temos un dia un pouco raro, e é que temos que facer a asemblea a media mañá xa que nada mais chegar o cole temos PELO e logo imos a biblioteca a cambiar os contos que levamos para a casa.
Hoxe na biblioteca Xavi contoulles un conto ós seus compañeiros logo de ter as carpetas listas.
Posteriormente na aula fixemos a asemblea e a encargada foi Lia.
Logo, despois de merendar comezamos unha nova rutina que imos a repetir todos os mércores que é "O composteiro". Como xa vos contamos por aquí, fai uns dias viñeron a explicarnos que era iso da reciclaxe e como poderíamos axudar nos. É por iso que a partir de agora, todos os mércores teremos que recoller os restos de froitas, mondas, restos de galletas, bocadillos, etc da aula e levalas ó composteiro para poder facer compost que nun futuro empregaremos para poder plantar no noso xardín. É unha tarefa moi divertida xa que ademais implica saír ó xardín do cole. Cada dia tocaralle a un neno levar o composteiro e hoxe como a encargada do día era Lía foi ela que empezou esta rutina.
¡Seremos uns grandes recicladores!
Ningún comentario:
Publicar un comentario