Hoxe a quenda de encargada era para Amy que fixo así de ben as súas tarefas, e con ela damos por rematada a primeira ronda de encargados, mañá volveremos a comezar dende o principio da lista.
Por outro lado a semana pasada demos comezo o outono e os nenos levaron para a casa unha nota informativa onde vos pediamos que enviásedes froitos de outono. Hoxe Paula e Xavi foron os primeiro en traer cousiñas de outono a aula.
Paula tróuxonos fabas, piñóns, avélas, noces, castañas e améndoas.
Xavi por outro lado trouxo, unha pera, unha mazá, un acio de uvas e castañas.
O que fixemos foi clasificar os froitos, contar cantas unidades de cada un dos froitos trouxemos, comparamos tamaños, ordenamos algúns alimentos de mais grandes a mais pequenos e logo animámosnos a facer algunha serie.
Ningún comentario:
Publicar un comentario