xoves, 26 de outubro de 2017

A encargada do dia hoxe foi Paula e como podedes ver cada día as tarefas de encargada van en aumento. Agora xa escibimos a serie numérica e debuxamos as formas xeométicas.

Por outro lado hoxe tivemos unha visita especial no cole, e é que dende o concello de Cambados visitounos Paco para contarnos que é a reciclaxe e como podemos colaborar nos nese proceso. Así aprendemos en que contedor debemos de tirar cada unha das cousas que xa non nos serven, axudando así no coidado do medio ambiente.





Despois Paco contounos un conto que nos gustou moito, o conto de "Historias de una lata".
Grazas Paco por explicarnos todo isto, a partires de agora seremos moito mellor recicladores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario