mércores, 11 de outubro de 2017

O encargado do dia tocoulle ser hoxe a Luís.

Despois das rutinas e da sesión de PELO hoxe comezamos a facer a biblioteca de aula. Este ano acudiremos cada mércores a biblioteca do centro para devolver o noso conto e coller un novo, ademais mentres tanto podemos ollar os libros do que dispoñemos da biblioteca. Por outro lado tamén aproveitamos para que un de nos nos conte un contiño, hoxe ofreceuse voluntario Hugo.





Despois do recreo tiñamos unha super festa, e e que hoxe está de cumpleanos Angela. Ademais de traer un globo enorme do numero 4, que son os nos que cumple, e que nos gustou a todos, trouxo unha torta e patacas fritidas para todos. Que ben o pasamos, ata fixemos unha comba.
Feliz aniversario Ángela, que disfrutes moito do teu dia.




















Ningún comentario:

Publicar un comentario