venres, 27 de outubro de 2017

Que ganas tiñamos de que chegara o dia de hoxe xa aproveitando o bo tempo que temos saímos de visita a dous lugares próximos ó noso centro.
A primeira visita do día foi a biblioteca municipal de Cambados onde Inma nos estaba agardando para explicarnos un pouco a historia da biblioteca, o nome que lle deron, porque se chama así, que era antes de ser unha biblioteca... Ademais ensinounos todas as dependencias da mesma e levounos a ver a parte da biblioteca adicada ós nenos da nosa idade e alí explicounos como podemos atopar os contos.












Despois continuamos camiñando ata a sala de exposicións de Torrando onde Jose nos estaba esperando. Nada mais chegar o que fixemos foi repoñer forzas despois de tanta camiñata, e é que xa tiñamos moita fame. 



Logo Jose ensinounos o pombal que hai no xardín da sala de exposicións e cando por fin estabamos todos listos fomos a visitar a exposición de Pepe Caccamo e Fausto Isornoa que nos gustou un montón.

































Foi un dia estupendo e xa estamos esperando á seguinte saída.

Ningún comentario:

Publicar un comentario