Por fin chegou o dia tan ansiado, o dia do Samaín.
O primeiro que fixemos foi ver as novas cabazas que chegaron hoxe o cole e levalas a exposición das cabazas.
Logo sacamos unhas fotografías para que nos quede un recordo do terroríficos que estabamos.
Como o ano pasado, o dia de hoxe pasámolo polos distintos talleres que dispuxemos polo cole a os cales acudiamos por aulas. Estes talleres eran:
Taller de conta contos, que levou a cabo a profe Betol.
Taller de English dirixido pola teacher Bea, onde fixemos diversos xogos. O que mais medo nos dou deste taller foi meter as mans nunhas caixas e descubrir polo tacto o que había dentro.
Taller de cociña coa profe Mercedes e María onde fixemos unhas deliciosas pantasmas e unha terrorífica bebida.
Taller de xogos coa profe Silvia e Paula, onde unha pantasma nos perseguiu polo ximnasio.
Taller de experimentos coa profe Andrea e Dolo onde elaboramos un espumoso té de bruxa e fixemos sangue.
Taller de manualidades coa profe Silvia e Sonia, onde fixemos uns vampiros cun chupa-chups.
Non vos imos enganar, e é que algúns de nos pasamos moito medo e incluso soltamos algunha lagrimiña, pero a pesar de iso foi un dia estupendo. O medo e unha emoción como calquera outra e temos que experimentar con ela para poder coñecela e saber os nosos limites, ademais e o mais importante, a miúdo que íamos pasando polos diferentes talleres íamos superando esa sensación de medo.
Estamos desexosos de que chegue o Samaín do ano que ven.
Ningún comentario:
Publicar un comentario