As tarefas de encargado levouna as cabo hoxe Joel.
Logo Manuel ensinounos os froitos de outono que trouxo ó cole entre os que había espigas, laranxas, figos, etc.
Ademais hoxe fixemos degustación dalgunhas froitos. Comezamos probando os figos e as mazás que trouxo Manuel.Logo probamos as castañas de Lara, as noces de Ángela e as abelás de Tomás.
Non todos se atreveron a probar as froitas e entre as que as probaron había diversas opinións, por exemplo dos que probaron os figos a Hugo e a Luís non lles gustaron.
A Hugo tampouco lle gustou a mazá.
As castañas non lle gustaron a Paula, Nadal, Hugo, Luís e Xavi.
As noces foron as que maior éxito tiveron, pois gustáronlles a todos.
E por último as abelás non lle gustaron a Xavi.
Ata aquí a degustación de hoxe, se estes dias recibimos algún froito novo que algún de nos nunca probaramos volveremos a facer unha pequena degustación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario