martes, 3 de outubro de 2017

Como xa dixemos onte por aquí hoxe comezaba a nova quenda de encargados e hoxe foi o quenda de Manuel.

Por outro lado continúan chegando froitos de outono a escola. Hoxe foi Ángela a que aportou froitos de esta estación. Trouxo dúas laranxas e un montón de castañas e noces. O que fixemos primeiro foi clasificalos, logo facer grupos de moitos e poucos, e despois nos grupos de traballo cooperativo o que fixemos foi poñernos de acordo e formar unha serie con eses froitos e tamén volvemos a facer, agora cos grupos de traballo, montóns de moitos e poucos froitos secos.











Tamén estivemos traballando por recantos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario