¡Tremendo dia nos esperaba hoxe!
Primeiro comezamos como todos os dias cas rutinas e as tarefas de encargado que hoxe lle tocaba realizar a Paula.
Logo tivemos unha pequena festa, e é que hoxe está de aniversario Nadal e trouxo unha torta para compartir con todos nos, así que cantámoslle o cumpleanos, varias veces, en castelán, galego, inglés, e logo comemos un anaquiño de torta. ¡Felicidades Nadal!
E despois do recreo chegou o momento que todos estabamos esperando é e que fixemos a nosa primeira saída deste curso. Fomos ó monte da Pastora a ver os cambios producidos pola estación de outono na natureza e a recoller algúns elementos para realizar unhas pequenas manualidades, ademais aproveitamos para merendar nese estupendo entorno, facer algúns xogos e subir o miradoiro a contemplar as vistas. ¡Que ben o pasamos!
Xa vos dicía ó principio que tremendo dia o que nos esperaba e non defraudou, estamos desexando outro día así.
Ningún comentario:
Publicar un comentario