O encargado do día de hoxe foi Hugo que fixo moi ben as súas tarefas.
Onte, con tanta celebración e coa saída, non puidemos ver os froitos de outono que trouxeron algúns nenos pero hoxe tivemos tempo para mirar o que trouxera Leo e Lía, e o que trouxeron hoxe Hugo, Lara, Tomás e Nadal.
Hugo trouxo unha caixiña chea de froitos entre os que había uvas, unha laranxa, mandarinas, mazás, castañas, ourizos, follas de castiñeiro, etc.
Nadal trouxo unha bolsa cheíña de follas de distintos tipos de árbores, ourizos, castañas, piñas, bellotas, etc.
Leo e Lía trouxeron espigas, piñas, castañas, ourizos, unhas cabazas, mazás, limóns, unhas folliñas de acibo, cocos, etc.
Logo os nenos pediron volver a facer serie con eses froitos por equipos e... ¡dito e feito! puxémosnos mans a obra. Parece que lle estamos collendo o truquiño a isto de facer series e non menos importante a poñernos de acordo e traballar en equipo.
Despois co permiso de Hugo probamos as uvas que trouxo que tiñan moi boa pinta e aínda que non todos nos atrevemos a probalas os que o fixemos estabamos de acordo en que estaban boísimas.
Tamén aproveitamos a mañá para visitar a exposición de froitos de outono que temos no corredor da escola e deixar alí as cousas que algúns de nos fomos traendo estes días. Estas son algunhas das cousiñas que puidemos ver.
Ningún comentario:
Publicar un comentario